Menú Cerrar

Planifica a Visita

Aquí amosámoslle toda a información necesaria para organizar a súa visita ao noso complexo:

Ou se o prefire, pode contactar directamente con nós:

HORARIO

De mércores a domingo, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00
AVISO IMPORTANTE
Debido á grabación da película «Onte á noite conquistei Tebas», que terá lugar nas termas, non se poderá levar a cabo a limpeza e desbroce dla zona termal ata o final da rodaxe, previsto para o 27 de outubro. Ademais, o acceso ao campamento estará pechado dous días por determinar do 28 ao 1 de novembro.
Grazas pola súa comprensión, e desculpen as molestias!

Visitas Guiadas

En horario do centro, baixo reserva e grupo mínimo.

Aforo do Centro de Interpretación
60 Persoas
Aforo do Centro de Interpretación (Ampliado)
120 Persoas

Predicción Meteorolóxica para a zona:

El tiempo - Tutiempo.net

Tarifas / Prezo de acceso ao Complexo:

Centro de Interpretación: 2€
Visita Guiada ao Complexo: 5

Centro de Interpretación: GRATIS
Visita Guiada ao Complexo: GRATIS

Información adicional para organizar a visita:

Á hora de visitar o Complexo Arqueolóxico Aquis Querquennis, recomendamos previamente a comprobación da situación meteorolóxica da zona; de forma que o visitante poida acudir cunha vestimenta ou accesorios cómodos e adaptados a segundo a situación.

Así mesmo cabe apuntar que o Centro de Interpretación da Fundación dispón de aseos e servizos adicionais como Tenda, aos que os asistentes poden acceder durante a súa visita.

No caso de visitas grupais, será recomendable o previo contacto co Centro, a efectos de coordinar da mellor maneira posible a visita.